Cs pedirá que Montse Lama sexa declarada tránsfuga por "porse ao servizo" de Baltar

Di que o PP incumpre o pacto antitransfuguismo asinado con PP e Ciudadnoa en novembro.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/02/2021 | Actualizada ás 22:10

Comparte esta noticia

Ciudadanos remitirá nas próximas horas un escrito á Deputación de Ourense para solicitar que Montse Lama, ata hai pouco a súa única representante na institución, sexa declarada tránsfuga "para todos os efectos" en base ao pacto anti transfuguismo que o partido asinou, o pasado mes de novembro, xunto a PP e PSOE.

A formación laranxa dá este paso xusto cando se cumpre unha semana de que se fixese público que Lama abandonou Cs para unirse ao grupo de non adscritos da deputación, asegurando que a súa intención é, "con "negociacións e acordos puntuais", garantir "a estabilidade" na institución provincial, que dirixe Manuel Baltar, ata fin de mandato.

Ante esta situación, Cs acusou á ata hai unha semana deputada da formación de "porse ao servizo do presidente da Deputación de Ourense" e recalcou o compromiso do partido "na loita contra esta forma de corrupción e de práctica antidemocrática que altera as maiorías expresadas pola cidadanía nas urnas, en beneficio de intereses particulares e afastados da política que este partido sempre defendeu".

Montse Lama, ex do PP e ex de Ciudadanos
Montse Lama, ex do PP e ex de Ciudadanos | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta