O BNG esixirá aos parlamentos galego, estatal e europeo protocolos "claros" para os traballadores do mar

Por E.P. | VIGO | 19/02/2021 | Actualizada ás 12:50

Comparte esta noticia

O BNG presentará a próxima semana ante os parlamentos galego, español e europeo senllas iniciativas para esixir a creación dun protocolo "claro" para os traballadores do sector pesqueiro, xa que na actualidade, denunciou, "hai unha disparidade de criterios e non se está cumprindo a normativa europea en ter un protocolo homologado".

En declaracións aos medios este venres, a portavoz do Bloque en Europa, Ana Miranda, lembrou que existe unha comunicación da Comisión Europea desde abril de 2020 sobre a protección de saúde, repatriación e disposicións de viaxe respecto dos traballadores do mar, que son considerados "sector esencial".

Por tanto, explicou, "hai unha normativa" que especifica que "hai que establecer protocolos por parte dos Estados membros, o que non se está facendo debidamente". É por iso que o BNG instará na Comisión de Pesca do Parlamento Europeo a "que se garanta que os Estados, neste caso o Estado español xunto á Xunta, cumpran con este protocolo".

Así mesmo, a formación tamén presentará iniciativas no Parlamento de Galicia e no Congreso "esixindo que a administración autonómica e estatal fagan conxuntamente protocolos claros e que funcionen", redactados da man do sector por ser "o que coñece a súa forma de traballo".

De esquerda a dereita, a deputada no Parlamento galego Carmela González; o responsable de CIG Mar, Xabier Aboi; e a portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda.
De esquerda a dereita, a deputada no Parlamento galego Carmela González; o responsable de CIG Mar, Xabier Aboi; e a portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda. | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta