O PPdeG xoga ao despiste e di que non é o momento de cambiar a Casado da dirección

Di que o cambio na dirección do PP xa tivo lugar no 2018.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/02/2021 | Actualizada ás 13:26

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, asegurou que "o cambio que necesitaba o Partido Popular" xa se produciu no verán de 2018 coa elección de Pablo Casado e considerou necesario "seguir apoiando á dirección nacional para conformar" o "gran partido" que "sempre" foi o PP.

Tellado respondeu deste xeito ás preguntas realizadas polos medios sobre se considera necesario un cambio na dirección do partido tras os resultados das eleccións catalás, nas que o PP só obtivo tres escanos. Na súa intervención, o secretario xeral do PPdeG incidiu en que o "cambio" xa tivo lugar en 2018 e avogou por traballar cada un desde o seu ámbito para facer do Partido Popular "un gran partido".

Ademais, sobre se o presidente da Xunta e líder do populares galego, Alberto Núñez Feijóo, debería dar o salto á política estatal, asegurou que este esta centrado na xestión da pandemia e a defensa dos intereses dos galegos.

"Creo que o presidente Feijóo o que está a facer é xestionar unha pandemia e defender os intereses dos galegos", apuntou para rexeitar "elementos de distracción nesa tarefa fundamental". Así, subliñou que o mandato que os galegos lle realizaron nas eleccións autonómicas do xullo de 2020 foi "porse á fronte" do Goberno da Xunta e "facer fronte á pandemia".

Por último, sobre a posición política que a súa formación debe manter tras o sorpasso de Vox en Cataluña, Tellado deixou claro que o PP non debe mirar "nin á esquerda nin á dereita buscando explicacións". Deste xeito, sostivo que o PP debe "seguir centrado", "tentando representar a unha gran maioría de españois que queren progreso, xeración de emprego e blindaxe dos servizos públicos".

O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, en rolda de prensa.. PPDEG
O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, en rolda de prensa.. PPDEG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta