'Educación en feminino: un paseo pola historia', unha mostra para visualizar o papel das mulleres na educación

A exposición componse de 32 paneis realizados polo alumnado de Formación do Profesorado e poderá visitarse na Vicerreitoría do campus de Pontevedra.

Por Jessica Fernández | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/02/2021 | Actualizada ás 15:20

Comparte esta noticia

O vicerreitor do campus de Pontevedra, Jorge Soto, inaugurou, xunto coa directora da Área de Dinamización Cultural, Educativa e Integración do campus, Eulalia Agrelo; a mostra 'Educación en feminino: un paseo pola historia', que poderá visitarse ata o 26 de marzo na Vicerreitoría do campus.

Jorge Soto e Eulalia Agrelo na exposición 'Educación en feminino: un paseo pola historia'
Jorge Soto e Eulalia Agrelo na exposición 'Educación en feminino: un paseo pola historia' | Fonte: UVigo

Esta exposición reúne 32 paneis realizados polo alumnado da Facultade de Formación do Profesorado do campus de Lugo da Universidade de Santiago de Compostela, no marco da súa formación na materia Teoría e Historia da Educación Escolar. O obxectivo desta é pór en valor as achegas e traxectorias de 32 docentes e colectivos de educadoras de diferentes épocas e lugares.

"É unha auténtica ledicia ter aquí esta exposición, que axuda a visualizar unha parte importantísima da historia da educación e do que hoxe somos como sistema educativo", salientou Soto.

Ademais, lembrou que o obxectivo da mostra é pór en valor "o traballo, moitas veces escondido, de educadoras de diferentes épocas e traer ao presente os atrancos que moitas delas tiveron en diferentes etapas das súas vidas polo simple feito de ser mulleres".

TECEIRA EDICIÓN DA INICIATIVA

A mostra constitúe a terceira edición dunha iniciativa impulsada pola Facultade de Formación do Profesorado na que, segundo explican, "cada grupo de estudantes elixiu unha educadora relevante, do pasado ou do presente sobre a que prepararon e realizaron unha presentación na aula, acompañada do seu respectivo póster".

Euralia Grelo defendeu que "é unha exposición realmente singular, especialmente porque o seu artífice é o alumnado de Educación Primaria e Educación Infantil, que atopa nestas mulleres un estímulo e un faro para proxectar o seu futuro labor docente".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta