Fracasa a proposta da Xunta para presidir o Consello Galego de Relaciós Laborais ao absterse CC.OO. e CIG

Leva máis dun ano sen ninguén á fronte ao marchar Verónica Martínez ao ministerio, pero Emprego asegura que funciona "con normalidade"

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/02/2021 | Actualizada ás 13:58

Comparte esta noticia

O Consello Galego de Relacións Laborais continúa sen presidente ao fracasar esta semana a proposta da Xunta de Galicia para relevar a Verónica Martínez, que deixou a posto vacante hai un ano para irse ao Ministerio de Traballo.

A votación para tratar de darlle substitución produciuse este mércores e a CEG e UGT deron o seu apoio á inspectora de traballo proposta polo Goberno galego, pero CC.OO. e CIG abstivéronse, segundo fontes sindicais consultadas por Europa Press, por un malestar fronte a "as formas" do Goberno galego, que, aseguran, non tentou acordar este nomeamento.

Pola súa banda, a Consellería de Emprego defende, en declaracións a Europa Press, que este organismo "seguiu funcionando con normalidade" durante o último ano a pesar da vacante na presidencia, xa que a Secretaría Xeral "suple" as funcións da presidencia.

En calquera caso, a secretaria xeral presentou a súa dimisión, aínda que esta renuncia está pendente de aceptación por parte de quen sexa designado á fronte do Consello, segundo as fontes consultadas.

Neste escenario, Emprego apunta que "haberá que buscar outro candidato de consenso". Polo momento, non hai data para unha nova reunión do Consello Galego de Relacións Laborais para abordar este asunto, que debe saír adiante coa maioría máis un dos apoios. Hai unha semana, despois de que a CEG lamentase a vacante, Emprego fixou para este mes de febreiro o nomeamento dun novo presidente para o ente.

Elena Mancha Montero de Espinosa, Directora Xeral De Relacións Laborais e a conselleira de Emprego, María Jesús Lorenzana
Elena Mancha Montero de Espinosa, Directora Xeral De Relacións Laborais e a conselleira de Emprego, María Jesús Lorenzana | Fonte: Xunta de Galicia

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta