Aparece o cadáver dunha muller no Lago Castiñeiras en Marín

Os axentes continúan na zona para solicitar información do ocorrido e xa se procedeu ao levantamento do cadáver.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/02/2021 | Actualizada ás 14:39

Comparte esta noticia

Un particular que paseaba pola zona localizou na mañá deste venres o cadáver dunha muller que flotaba no Lago Castiñeiras de Marín.

Segundo a información do CIAE 112-Galicia, o aviso deuse pasadas as 12,00 horas deste venres. Ata o lugar desprazáronse de inmediato efectivos de Policía Nacional e Local, 061, e Bombeiros do Morrazo.

Polo momento, apuntan fontes de emerxencias, descoñécense as circunstancias do suceso. De feito, tras constatar que a muller se atopaba falecida, os axentes continúan na zona para solicitar información do ocorrido e xa se procedeu ao levantamento do cadáver.

Coche da Policía Nacional
Coche da Policía Nacional | Fonte: Delegación do Goberno.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta