Condenado a nove anos de prisión por pechar no coche a unha moza e agredila sexualmente

Os xuíces destacan que o relato da muller "foi crible, persistente e sen contradicións".

Por E.P. | A Coruña | 19/02/2021 | Actualizada ás 17:47

Comparte esta noticia

A sección segunda da Audiencia Provincial da Coruña condenou a nove anos de prisión a un acusado de agredir sexualmente a unha moza á que trasladara a unha zona solitaria do Portiño tras pechala no seu vehículo.

Segundo recolle a sentenza, contra a que cabe recurso, imporase a medida de libertada vixiada por un período de seis anos a este home, que deberá asumir o pago dunha multa de máis de 1.100 euros e indemnizar á vítima en 20.000 euros.

O tribunal considerou probado que na madrugada do 6 de setembro de 2019, este home ofreceuse a levar no seu vehículo a un mozo que se atopaba baixo os efectos do alcol e ao que axudaba unha amiga nas inmediacións do paseo marítimo da Coruña.

Tras subir o tres ao coche, o home trasladou ao mozo á súa vivenda. Despois, activou o peche centralizado do vehículo cando a muller se atopaba dentro e conduciu ata unha zona solitaria do Portiño.

A sentenza explica que, despois de deter o coche, e "con ánimo de satisfacer o seu propio desexo sexual", este home "obrigouna a facerlle unha felación agarrándoa fortemente pola cabeza a pesar de que mostrou reiteradamente a súa negativa a ter relacións sexuais". Ademais, sinala que "a penetrou vaxinalmente ata exacular, tratando previamente, sen logralo, de penetrala analmente".

Posteriormente, a muller denunciou os feitos ese mesmo día e, o día 7 de setembro de 2019, o Xulgado de Instrución Número 1 da Coruña acordou a prisión provisional sen fianza do acusado, que permaneceu privado de liberdade desde entón.

Xuízo en imaxe de arquivo
Xuízo en imaxe de arquivo | Fonte: Europa Press.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta