Ventos de 135 quilómetros por hora en Vimianzo a causa da borrasca "Karim"

Espéranse 80 litros por metro cadrado en 12 horas en puntos do oeste.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/02/2021 | Actualizada ás 20:29

Comparte esta noticia

A borrasca 'Karim', que afecta este venres a Galicia, deixa ventos de case 135 quilómetros por hora no municipio coruñés de Vimianzo. A influencia desta borrasca ao oeste de Irlanda provocou fortes ventos do sur ao longo da xornada.

Tamén se superaron os 100 quilómetros por hora en sitios como: Punta Candieira, en Cedeira (122,4 kms/h); Penedo do Galo, en Viveiro (116,2 kms/h); Río do Sol, en Coristanco (111,4 kms/h); e Punta Langosteira, en Arteixo (110 kms/h).

Na noite deste vierens entrou unha fronte que deixa nubes con choivas por todo o oeste e unha mala situación no mar (ondas de case seis metros nas Sisargas). De feito, espéranse ata 80 litros por metro cadrado en 12 horas en puntos do oeste.

Inundación froito da crecida do Río Miñor ao seu paso por Gondomar, Pontevedra, Galicia (España), a 18 de febreiro de 2021. O Río Miñor  rexistrou un 'incremento significativo' do seu caudal, ao presentar valores por encima dos limiares establecido. Marta Vázquez Rodríguez - Europa Press
Inundación froito da crecida do Río Miñor ao seu paso por Gondomar, Pontevedra, Galicia (España), a 18 de febreiro de 2021. O Río Miñor rexistrou un 'incremento significativo' do seu caudal, ao presentar valores por encima dos limiares establecido. Marta Vázquez Rodríguez - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta