'Premio Abrente' de textos teatrais

A 16ª edición do Premio teatral que impulsa a Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia xa está en marcha. Aprobadas as bases, todas as persoas que desexen presentar obra orixinal e inédita en lingua galega, poderán facelo ata o 18 de xuño.

Por X.M. Fernández | Ribadavia | 22/02/2021 | Actualizada ás 09:30

Comparte esta noticia

Os obxectivos principais deste consolidado Premio son fomentar a creación dramática contemporánea na nosa lingua e favorecer a diversidade de estilos e estímulos da creación escénica galega contemporánea.

Castelo de Ribadavia. Fonte: Facebook Festa da Istoria
Castelo de Ribadavia. Fonte: Facebook Festa da Istoria

'O Abrente' é xa un referente no seu corpus e na súa colección, as edicións en Difusora de Letras, Artes e Ideas. En sintonía co propio festival, o Premio Abrente pretende ser unha plataforma estable e dinámica para a dramaturxia galega. Nese sentido, o Premio seguirá despregando a súa influencia en colaboracións con colectivos e asociacións de referencia no seu obxectivo de fomento da dramaturxia en galego, como a Asociación DramatuGA.

Establécese un único premio que consiste nunha dotación económica de 3.500 €, a edición da obra e o apoio do festival a través das súas coproducións. Os textos deben presentarse por triplicado e garantindo o anonimato do seu autor ou autora.

Todos os detalles do procedemento da convocatoria do certame poden consultarse na web da MIT.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta