Os colexios galegos mantéñense por riba dos 1.600 contaxios malia a baixada de casos

Nunha soa semana descenderon en 855.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/02/2021 | Actualizada ás 13:58

Comparte esta noticia

Despois da importante baixada rexistrada durante as vacacións de Entroido --748 positivos menos--, os casos covid nos centros escolares galegos continúan en descenso e computan, con datos do venres, 1.676 casos activos entre alumnado e comunidade educativa.

En concreto, segundo os datos proporcionados pola Xunta, esta cifra supón 107 casos activos menos que a xornada anterior e 855 menos que hai unha semana. As aulas en corentena tamén baixan, ata as 71 e permanecen pechados dous centros, o PAI municipal de Guitiriz, con 11 positivos, e o Centro Infantil Globos de Pontevedra, cun.

Todas as áreas sanitarias volven rexistrar descensos nas súas cifras. A que ten máis casos segue sendo a da Coruña, con 537 (-25) e 15 aulas en corentena. O centro con máis positivos segue sendo o CPR Plurilingüe Hogar de Santa Margarita, con 23 casos. Pola súa banda, a área de Vigo contabiliza 283 positivos, un menos que o xoves, e 14 aulas pechadas; mentres que a de Pontevedra ten 244 casos activos (-32) e 19 aulas en corentena. O centro vigués con máis casos é o CPR Plurilingüe El Pilar, con 25, mentres que o CPR Santiago Apóstolo de Soutomaior ten 17 e o CPR Os Salgueiros de Pontevedra, 16.

Así mesmo, e aínda por encima dos 200 casos está Lugo, con 216, 13 menos que a xornada anterior, e 9 aulas en corentena. Destacan o CPI Paradai de Lugo, con 40 casos activos, o brote máis grande de Galicia, e o Plurilinüe Lagostelle de Guitiriz, con 31.

SANTIAGO BAIXA DOS 200 CASOS

Os datos deste venres evidencian que a área sanitaria de Santiago baixou, nos seus centros educativos, dos 200 casos. Concretamente, sitúase nos 185, 18 menos que a xornada anterior, e ten oito aulas clausuradas. O centro con máis casos é o colexio La Salle da capital galega, con 18. Finalmente, os colexios da área de Ferrol manteñen activos 110 casos (-9), 19 deles no CPR Santiago Apóstolo de Narón, e dúas aulas pechadas; e os de Ourense rexistran 101, 14 menos, con catro aulas en corentena.

Estudantes de bacharelato realizan os exames de Selectividade en Viveiro (Lugo). CARLOS CASTRO - EUROPA PRESS - ARQUIVO
Estudantes de bacharelato realizan os exames de Selectividade en Viveiro (Lugo). CARLOS CASTRO - EUROPA PRESS - ARQUIVO | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta