A Deputación de Pontevedra destina máis de 340.000€ á loita contra a violencia machista

Trátase dun paquete de axudas a repartir entre concellos da provincia.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/02/2021 | Actualizada ás 18:54

Comparte esta noticia

Unha semana despois de aprobar as bases das subvencións dirixidas a concellos da provincia para impulsar programas de igualdade e loita contra a violencia de xénero, a Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra subscribiu agora as bases das axudas a entidades sociais da provincia co mesmo destino, por importe de 108.000 euros. Deste xeito, no prazo dunha semana, o goberno provincial deu o visto e prace a destinar 340.000 euros a impulsar este ano programas de igualdade e contra a violencia machista en Pontevedra.

En concreto, a través dos 108.000 euros aprobados, as entidades sociais poden destinar recursos a proxectos e actividades de sensibilización, formación e prevención da violencia de xénero; iniciativas de atención integral para vítimas de violencia de xénero, fillos e persoas dependentes; programas destinados as mulleres con singulares dificultades; proxectos que favorezan e fomenten a igualdade; actividades para a mellora da formación e orientación para o emprendemento e a inserción laboral das mulleres; ou iniciativas encamiñadas a crear redes e servizos de apoio, entre outras cuestións. No 2020, estas axudas beneficiaron a 26 entidades sociais dos concellos de Cambados, Cangas, Lalín, Marín, Mos, Pontevedra, Silleda, Tui, Vigo e Vilagarcía.

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva | Fonte: Deputación de Pontevedra.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta