Morre un home en Oza-Cesuras tras o caerlle enriba o tractor que manexaba

Aconteceu arredor das 18:30.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/02/2021 | Actualizada ás 19:45

Comparte esta noticia

Un home faleceu ao resultar esmagado polo tractor que manexaba nunha leira da súa propiedade situada na Pedreira, no municipio coruñés de Oza-Cesuras. A central de emerxencias do 112 Galicia recibiu unha chamada pasadas as 18,30 horas deste sábado nas que se solicitaba axuda para a vítima, que se atopaba atrapado baixo o tractor. Desprazados ao lugar, os bombeiros liberaron o corpo da vítima, que xa falecera.

Tractor  EP
Tractor EP | Fonte: REMITIDO - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta