O temporal Karim deixa casas anegadas e ríos desbordados ao seu paso por Galicia

A situación máis grave está a ter lugar no Anllóns ao seu paso por Ponteceso.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/02/2021 | Actualizada ás 20:12

Comparte esta noticia

As fortes precipitacións deixadas ao seu paso por Galicia pola borrasca 'Karim' causaron o desbordamento de varios ríos na Comunidade galega. O caso máis grave, segundo detalla o CIAE 112 Galicia, produciuse en Ponteceso, onde os servizos de emerxencias despregaron bombas de achique para aliviar a auga acumulada en vivendas e outros inmobles debido ao desbordamento do río Anllóns.

Ademais, o Miñor en Gondomar e o Lérez en Pontevedra tamén pasaron os limiares establecidos polos sistemas de control e observación dos ríos. Deste xeito, a Xunta mantén activo o Pla Inungal ante a posibilidade de que poidan rexistrarse desbordamentos nestes e outros ríos da Comunidade galega polas fortes choivas rexistradas nas últimas horas. A central de emerxencias apela á cidadanía a actuar con precaución, especialmente nas estradas ante a posibilidade de atoparse bolsas de auga e crecidas.

Forte ondada na costa de Ribadeo coa chegada dun temporal
Forte ondada na costa de Ribadeo coa chegada dun temporal | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta