A Xunta construirá unha nova planta de biorresiduos en Verín

Dará servizo a 24 concellos da provincia.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/02/2021 | Actualizada ás 16:50

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia construirá unha nova planta de biorresiduos no polígono empresarial de Pazos, no municipio ourensán de Verín, tla e como avanzou este luns a conselleria de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez.

A conselleira fixo este anuncio durante unha visita á parcela na que se situará a planta de biorresiduos que construirá Sogama e que se sumará ás de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra) e Cervo (Lugo).

Deste xeito, a Xunta disporá dun orzamento de 5,5 millóns de euros para a adquisición dos terreos (400.000 euros) e para a construción das instalacións, que terá como base o proxecto técnico da planta de Cervo, que está a piques de adxudicarse, de características similares. Así, a Administración autonómica espera que isto reduza os prazos de construción desta nova infraestrutura co obxectivo de que sexa unha realidade o próximo ano.

Os terreos que albergarán esta planta de Verín --que dará servizo a 24 concellos da provincia-- suman unha superficie de case 12.000 metros cadrados, dos cales 3.500 disporanse para a nave pechada que implica esta instalación.

Do mesmo xeito que a que se instalará na provincia de Lugo, terá unha capacidade de tratamento de ata 3.000 toneladas ao ano de fracción orgánica de residuos domésticos e outras 1.600 toneladas de podas e restos de madeira.

Residuos do Prestige aínda sen tratar na planta das Somozas
Residuos do Prestige aínda sen tratar na planta das Somozas | Fonte: Adega

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta