O PP quere facer unha fronte contra o Goberno central para que baixe as peaxes da AP-9

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/02/2021 | Actualizada ás 18:05

Comparte esta noticia

O Partido Popular de Galicia presentará mocións en todos os municipios e no catro deputacións galegas para pedir ao resto de forzas que se somen á súa petición para que o Goberno do Estado baixe as peaxes da autoestrada AP-9.

Así o avanzou nun comunicado remitido aos medios o deputado autonómico Diego Calvo, quen explicou que na moción esixirán que todos os gobernos locais e provinciais se sumene á demanda que os populares xa trasladaron ao Executivo central para que poña en marcha un sistema de bonificacións dirixido aos usuarios da AP-9.

O texto tamén recolle a reclamación para deixar sen efecto as novas subidas extraordinarias previstas para financiar as obras de ampliación da autoestrada e esixe a convocatoria da comisión conxunta da AP-9 para abordar coa Xunta o modelo de bonificacións. Ademais, pide avanzar na transferencia a Galicia da titularidade da autoestrada con todos os recursos necesarios para acometer as obras pendentes e para a súa adecuada xestión.

Os populares lembran que a autoestrada AP-9 é unha infraestrutura "básica e vital", de "dinamización económica e social da comunidade autónoma. "Falamos dun eixo vertebrador que percorre a xeografía galega de norte a sur, na súa franxa atlántica, na que se concentra ao redor do 60 por cento da poboación, e que conecta cinco das grandes cidades galegas", sinalou Diego Calvo.

Autoestrada AP-9 de Audasa
Autoestrada AP-9 de Audasa | Fonte: ITÍNERE - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta