Sanidade prevé que todos os docentes menores de 55 anos estean vacinados a finais de marzo

O Sergas citará aos docentes por orde alfabética e priorizará aos de educación infantil.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/02/2021 | Actualizada ás 12:02

Comparte esta noticia

Todos os profesores menores de 55 anos estarán vacinados a finais do próximo mes de marzo. É o obxectivo do plan de vacinación dos docentes presentado este martes pola Consellería de Sanidade, co que se busca dar saída canto antes ás doses dispoñibles da vacina de 'AstraZeneca', segundo os parámetros fixados polo Consello Interterritorial de Saúde e a propia Xunta.

O proceso, que abarcará preto de 50.000 profesores galegos, programará as citacións por orde alfabética e priorizará ás etapas que, polas características da modalidade de ensino, manteñan unha interacción máis estreita co alumnado.

Deste xeito, segundo explicou o titular de Sanidade, Julio García Comesaña, a intención é empezar cos mestres "dos máis pequenos", en educación infantil, e posteriormente vacinar en paralelo aos docentes de primaria e secundaria.

Unha profesora coloca carteis de medidas preventivas ante o COVID-19 na aula. Álex Zea - Europa Press
Unha profesora coloca carteis de medidas preventivas ante o COVID-19 na aula. Álex Zea - Europa Press

Sanidade enmarcou este proceso na subministración suficiente de vacinas de 'AstraZeneca', que permite "abrir a oportunidade" para chegar a cidadáns que se enmarquen nos parámetros establecidos para esta alternativa (menores de 55 anos).

Por este motivo vaise a priorizar este grupo de idade e citaranse aos docentes por áreas sanitarias, por orde alfabética e en centros hospitalarios próximos onde exercen a súa función. En paralelo manterase a liña de vacinación para maiores de 80 anos en centros de saúde, urbanos e cabeceiras de comarca con PAC. Os docentes, pola súa banda, encádranse no denominado 'grupo 6', ao que posteriormente se ampliará cos efectivos das forzas de seguridade do Estado.

PROBAS PILOTO

A pesar de que o proceso arrincará formalmente o mércores, xa se realizaron probas piloto a través de citacións a profesores este luns e martes para "testear" o dispositivo. Este mesmo martes citouse a preto de 2.000 docentes nas áreas sanitarias de Ferrol, Pontevedra, Vigo, Lugo e Ourense.

Por iso, explicou Comesaña, optouse polo criterio da orde alfabética e así evitar citar por centro, co obxectivo de reducir a posibilidade de que coincidan moitos profesores da mesma escola, unha dos supostos que este mesmo luns criticaron os sindicatos e representantes docentes. A prioridade serán os menores de 55 anos aínda que Sanidade non descarta que se poida incluír a docentes por encima dese límite de idade en función das vacinas que cheguen doutras marcas, fundamentalmente de 'Pfizer'.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta