Galicia suma Francia e Luxemburgo ao rexistro obrigatorio de viaxeiros

Saen da listaxe Castela-A Mancha, Estremadura, A Rioxa e Murcia.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/02/2021 | Actualizada ás 12:42

Comparte esta noticia

O Goberno galego actualizou a listaxe de territorios de rexistro obrigatorio para os viaxeiros que visiten a Comunidade, unha ferramenta á que se incorporan varios países, entre eles Francia, e do que saen un total de catro comunidades españolas.

Deste xeito, a relación de territorios de obrigatoria comunicación que publica este martes o Diario Oficial de Galicia (DOG) reduce o número de autonomías das que hai que informar, xa que saen da listaxe Castela-A Mancha, Estremadura, A Rioxa e Murcia.

De Europa, entran na listaxe varios territorios novos, entre eles Francia e Luxemburgo, á vez que saen Lituania e Xibraltar.

Aeroporto De Santiago de Compostela. AEROPORTO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA - Arquivo
Aeroporto De Santiago de Compostela. AEROPORTO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta