(Vídeo) Cando os presos do Franquismo subiron aos tellados dos cárceres para pedir a aministía

A Coruña acolle unha mesa redonda en streaming sobre o fenómeno dos presos sociais, que en 1977 protagonizaron unha revolta para pedir a aministía do novo réxime democrático.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/02/2021 | Actualizada ás 21:35

Comparte esta noticia

No Franquismo chamábanlle --ou chamábanse a eles mesmos-- "presos sociais" a aqueles reos condenados pola normativa moralizante que o réxime empregaba como ferramenta de represión. No pasado queda a 'Ley de vagos y maleantes' aprobada polo goberno da Segunda República e que foi continuada --e ampliada-- polo Franquismo para penar as manifestacións de afecto homosexual, entre outros.

Fotograma de 'Pocos, buenos y seguros', peza de ficción sobre o motín carcelario de 1977
Fotograma de 'Pocos, buenos y seguros', peza de ficción sobre o motín carcelario de 1977 | Fonte: Youtube

Os chamados "presos sociais" gañaron o seu papel especial na historia do Estado cando, ao verse excluídos da aministía da Transición, subiron aos tellados dos cárceres en protesta por unhas condenas inxustas. Agora, a produtora barcelonesa Empatik Films está a recoller fondos para desenvolver unha curtametraxe sobre o histórico suceso e que levará por titular 

Pocos, buenos y seguros.

A campaña de financiamento chega á Coruña ampara pola Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da cidade, que prevé celebrar unha mesa redonda en streaming na que dar a coñecer o proxecto. Segundo apuntan dende a Comisión, a mesa redonda, accesible na súa web, orbitará arredor de dous temas principais: a necesidade de recuperar a memoria da revolta dos presos sociais durante a Transición e a posibilidade de cuestionar o sistema penal contemporáneo mediante este traballo cinematográfico.

Para tal anfueira contarán con Agustín Moreno Carmona e Antoine Nieto Galindo, que participaron no motín no Hospital Penal de Carabanchel de 1977. Á conversa sumarase tamén César Lorenzo Rubio, autor de Cárceles en llamas. El movimiento de presos sociais en la Transición, doutor en Historia pola UB e membro do Grupo de Estudos sobre a Historia da Prisión e as Institucións Punitivas; e Ales Payá, produtor, co-guionista e co-director de Pocos, buenos y seguros. Na mesa tamén participará David Soto, da Directiva da CRMH Da Coruña, profesor de Dereito da UDC e membro do observatorio Esculca. O coloquio estará moderado polo xornalista David Fernández, ex-deputado da CUP.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta