Trasladado ao hospital o detido en prisión provisional por matar a unha moza en Ourense

A medida foi tomada para "estabilizalo e valoración psiquiátrica" segundo fontes xudiciais "mantendo a prisión provisional".

Por E.P. | OURENSE | 23/02/2021 | Actualizada ás 15:20

Comparte esta noticia

O home detido o pasado venres polo apuñalamento mortal dun mozo de 22 anos e ferir de gravidade ao mozo parella desta en Ourense foi traslado a un centro hospitalario para "estabilizalo e valoración psiquiátrica".

Así o confirmaron fontes xudiciais, que concretaron que o arrestado, para o que o xulgado decretou prisión provisional a semana pasada, foi levado á unidade de agudos dun hospital. Con este traslado, aclararon as mesmas fontes xudiciais, preténdese "estabilizalo" e realizar "valoración psiquiátrica", sempre "mantendo a prisión provisional", puntualizaron as mesmas fontes.

FEITOS

O Xulgado de Instrución número 2 de Ourense, en funcións de garda, decretou o pasado sábado prisión provisional por un delito de homicidio consumado e outro en grao de tentativa para este home detido o venres 19 de febreiro por matar a puñaladas a unha moza de 22 anos e ferir de gravidade á súa parella.

En concreto, o home pasou a disposición xudicial ao mediodía do sábado e, tras tomarlle declaración, o xuíz ordenou o seu ingreso en prisión provisional comunicada e sen fianza por dous delitos de homicidio, un consumado e outro en grao de tentativa.

Os feitos ocorreron na madrugada do pasado venres. Axentes de seguridade cidadá acudiron sobre as 5,00 horas a unha chamada de socorro na que afirmaban que unha persoa fora apuñalada na zona de Velle.

Á chegada, localizaron o corpo sen vida dunha muller de 22 anos e o dun home de 25 que permanecía con vida e que foi trasladado, grave, en ambulancia ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO).

Os axentes desprazados localizaron ao presunto autor dos feitos no seu domicilio. Segundo contaron, o apresado é "veciño e familiar das vítimas". Tras o rexistro pertinente, recuperouse, ademais, a arma branca supostamente utilizada.

Varios axentes da Policía Nacional xunto á vivenda onde ocorreu o crime.. Rosa Veiga - Europa Press | Fonte: Europa Press
Varios axentes da Policía Nacional xunto á vivenda onde ocorreu o crime.. Rosa Veiga - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta