Temas: FESAN

Fundación "vinculada ao Opus" gaña outro contrato da Xunta

FESAN suma 4,3 millóns en adxudicacións dende que volve a gobernar o PPdeG. Agora faise cun contrato de teleformación mediante un concurso "negociado sen publicidade".

Por Galicia Confidencial | Santiago | 15/08/2013 | Actualizada ás 09:47

Comparte esta noticia

A Consellería de Traballo acaba de adxudicar o "Servizo para o desenvolvemento de accións de formación e divulgación do cooperativismo mediante a teleformación". Son 28.935 euros máis IVA que irán parar á Fundación de Estudios e Análises (FESAN); fundación "vinculada ao Opus" segundo denunciou o sindicato CIG o ano pasado.

Fundación de Estudios e Análises (FESAN) 'vinculada ao Opus' segundo a CIG suma 3,7 millóns nesta lexislatura
Fundación de Estudios e Análises (FESAN) 'vinculada ao Opus' segundo a CIG suma 3,7 millóns nesta lexislatura

Traballo adxudicou a contrata mediante "procedemento negociado sen publicidade". Trátase dunha vía legal que só se pode utilizar para contratos urxentes ou que só poden prestar unhas poucas empresas. A Administración está obrigada a pedir polo menos tres ofertas pero pode escoller a dedo a quen solicitar prezo.  

Sete empresas e fundacións foron invitadas por Traballo ao concurso, cuxos pregos non se fixeron públicos no DOG. FESAN foi escollida malia que a súa oferta económica pecaba de "baixa anormal". É dicir, era demasiado barata respecto aos parámotres baseados no precio de licitación máximo e na media aritmética das ofertas dos outros competidores

Con todo, Traballo optou por darlle un prazo de tres días a FESAN para que argumentara como podía baixar tanto o prezo, unha posibilidade que contempla a Lei. A Fundación convenceu a Administración e FESAN será a encargada de prestar o servizo. 

Os funcionarios estableceron o porcentaxe de corte para determinar as ofertas que pecaban de baixa temeraria nun 37,9%, e a oferta de FESAN era un 39% menor. Os gcpluseiros, os lectores que contribúen ao mantemento económico do GC, poden consultar a resolución coas valoracións da mesa de contratación aquí.

Contrato FESAN teleformación 2013
Contrato FESAN teleformación 2013

Cronoloxía de adxudicacións

Tras a primeira denuncia da CIG o ano pasado, GC comprobou que a Fundación de Estudios e Análises (FESAN) está a recibir unha gran volume de contratos dende que goberna Alberto Nuñez Feijóo. Actualmente son máis de 4,3 millóns, nalgúns casos mediante contratos adxudicados pola vía de urxencia.

Velaquí unha mostra dos contratos e convenios, algúns mediante procedemento urxente, adxudicados á FESAN:

En abril de 2012, o Hospital Xeral Calde de Lugo adxudicoulle a xestión da escola infantil por 9.000 euros máis 100 euros por usuario.

En abril de 2012, o Consorcio de Servizos de Igualdade adxudicoulle a xestión do servizo público de atención educativa á primeira infancia da escola infantil de Pontevedra-Monte Porreiro por case 613.000 euros.

En xullo de 2010 a Consellería de Trabalo adxudicoulle o programa de turismo social mediante tramitación urxente por máis de 305.000 euros.

En abril de 2011 o Consorcio do Benestar aduxicoulle 2,7 millóns "para apertura e implantación inicial nas provincias de A Coruña e Lugo de seis centros de día e unha vivenda comunitaria".

En setembro de 2011 Traballo adxudicáballe 400.000 euros en programas de formación profesional.

En decembro de 2011 a Consellería de Traballo dáballe unha subvención de máis de 200.000 euros para actividades de formación.

Tamén en decembro de 2011 gañaba outra subvención de 74.000 euros para o fomento do emprego.

En xaneiro de 2012  Medio Rural adxudicáballe tres exposicións didácticas itinerantes por máis de 100.000 euros. Os títulos das exposicións (Galicia, conservando a natureza, Galicia biodiversidade e Aves de Galicia) fican moi lonxe do ámbeto habitúal de traballo de FESAN.

Por outra banda, recibiu 6.000 euros da Xunta a través do programa de subvencións para asociacións que traballan de emigrantes. A FESAN organiza numerosos cursos da Xunta, fundamentalmente financiados con cartos europeos.

Adxudicacións no bipartito

En xaneiro de 2011 a CIG xa denunciara a adxudicación de varias escolas infantís a esta fundación pola vía de urxencia.

FESAN tamén acadou un gran volume de contratación durante o bipartito, incluso mediante convenios, un tipo de adxudicación discrecional. Segundo datos consultados con GC, a Vicepresidencia da Igualdade e Benestar asinou cinco convenios coa FESAN por 678.000 euros.

En opinión da CIG en 2012, FESAN "é unha das grandes beneficiarias do proceso actual de privatización dos Servizos Públicos".

Temas: FESAN
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

3 Luís T.

Pois si, en Teo van xestionar as escolas infantís. Pero isto non é importante, ou? Moito rebelde de boquilla, con causa propia, pero logo...

2 MiguelBB

E non hai moitos días o trepas Martiño Noriega adxudicoulle a xestión das escolas infantís de Teo: http://www.concellodeteo.com/eadmin...

1 Leon

Pp = mafia = banda organizada para roubar e delinquir = ilegalizacion...... Onde estan os xuizes e a fiscalia ?

1 eusi

Pois estám metidos em Fesan e chanchulhos semelhantes... algum mesmo tem propriedades em sulamérica a saber de onde obtivo o dinheiros... e todos tam contentes