Condenado a 3 anos de cárcere e 7 de inhabilitación un médico do Sergas que cobraba por certificados de defunción

Foi declarado culpable dun delito continuado de suborno.

Por Europa Press / Redacción | Pontevedra | 23/02/2021 | Actualizada ás 18:26

Comparte esta noticia

A sección cuarta da Audiencia Provincial de Pontevedra condenou, de acordo co veredicto do Tribunal do Xurado, a tres anos de cárcere e a sete de inhabilitación a un médico pontevedrés que solicitaba diñeiro a cambio de expedir certificados de defunción.

Cemiterio
Cemiterio | Fonte: Europa Press.

Nunha sentenza con data de este martes e da que informou o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), a Audiencia Provincial condena a este home de acordo co veredicto do Tribunal do Xurado, que considerou que o acusado, que cometeu os feitos entre 2016 e 2018, cando exercía nun Centro de Atención Primaria do Sergas, é culpable dun delito continuado de suborno.

A maxistrada destaca na sentenza que está fóra de toda dúbida que os certificados de defunción son gratuítos. Ademais, sobre a solicitude de pago por parte do médico, subliña que os testemuños dos empregados das funerarias son "absolutamente contundentes, persistentes e cribles", do mesmo xeito que os dos familiares dos falecidos.

En concreto, polos feitos que se lle atribuían, o home foi xulgado a principios de febreiro na Audiencia Provincial de Pontevedra.

Contra a sentenza cabe interpor recurso de apelación ante a Sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza no prazo de dez días.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta