A videoconsulta, o sistema de saúde "do futuro" en Galicia

Unha nova aplicación permitirá o acceso ao cartón sanitario virtual.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 23/02/2021 | Actualizada ás 18:58

Comparte esta noticia

A Consellería de Sanidade está a traballar en deseñar o sistema de saúde "do futuro" a través de ferramentas que permitan un maior e máis sinxelo acceso á información e á asistencia. Con iso, unha nova aplicación permitirá o acceso ao cartón sanitario virtual, con máis trámites a distancia, e a realización de videoconsultas nos casos nos que sexa necesaria.

A área sanitaria de Pontevedra e O Salnés potencia con videoconsultas a atención reumatolóxica a pacientes de residencias
A área sanitaria de Pontevedra e O Salnés potencia con videoconsultas a atención reumatolóxica a pacientes de residencias | Fonte: Sergas.

Aínda que o conselleiro, Julio García Comesaña, garantiu que a Xunta traballa para "recuperar a presencialidade" o máximo posible, destacou que estas novas ferramentas incluirán a implantación progresiva da videoconsulta, que "mellorará a atención" no caso de que teña que ser a distancia.

Finalmente, García Comesaña anunciou a creación dun departamento dentro da consellería que se dedicará "en exclusiva" ao deseño da estratexia de saúde integral á que aspira Galicia, con especial relevancia na Atención Primaria.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta