Unións Agrarias denuncia que a industria láctea non quere aboar a alza dos custos de produción

Por E.P. | Santiago de Compostela | 23/02/2021 | Actualizada ás 19:35

Comparte esta noticia

Unións Agrarias (UU.AA.) denuncia que as principais industrias lácteas buscan renovar contratos sen abonar o "importante" incremento de custos de produción.

Vacas pastando
Vacas pastando | Fonte: Xunta.

Segundo as estimacións que fai este sindicato agrario, esta escalada do 20% en pensos supón un sobrecusto mensual nas 7.000 granxas lácteas galegas "de 2,7 millóns de euros". Trátase dun incremento entre 25 e 42 euros por tonelada.

"Neste contexto non se entende a actitude oportunista das industrias cando están a ver como se incrementan os seus beneficios grazas á revalorización imparable dos derivados industriais", explica. Pon de exemplo que a cotización do leite en po e a manteiga ascendeu un 2% no último mes, grazas a compras "récord" en China.

Deste xeito, fai un chamamento ás administracións a que se manteñan "vixiantes" ante unhas prácticas que van en contra da lei de cadea alimentaria, que estipula que nos contratos tense que ter en conta todas as variables que operan no mercado.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta