Galicia administra unhas 8.500 vacinas en 24 horas, unha das maiores cifras desde que comezou o proceso

En total a taxa de vacinación é do 76,2%.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/02/2021 | Actualizada ás 19:38

Comparte esta noticia

Galicia administrou 179.141 dose das 235.025 vacinas recibidas contra o coronavirus, o que supón o 76,2% do total, segundo os datos publicados este mércores polo Ministerio de Sanidade --que se corresponden sempre con cifras da xornada anterior--.

De tal forma, en 24 horas vacináronse en Galicia a unhas 8.500 persoas, unha das maiores cifras nos últimos días. Esta taxa do 76,2% está por encima da media española, que é do 72,8%. No Estado inxectáronse 3.284.678 dose das 4.508.845 que chegaron.

As persoas que recibiron as dúas doses que inmunizan contra o coronavirus son 58.239. En España, esta cantidade ascende ata os 1,2 millóns de persoas. Galicia recibiu un total de 235.025 dose, o que supón recibir preto de 50.000 vacinas esta semana --os datos actualízanse cada mércores--. Delas, 153.385 son de Pfizer; 23.800, de Astrazeneca; e 9.800, de Moderna.

Pola súa banda, a área sanitaria de Santiago informou este mércores de que comezou a vacinación entre docentes. Citouse a 300 profesores por orde alfabética no Hospital Clínico e a 110 profesionais dos servizos de apoio social. Mañá será a quenda doutros 500 mestres no Clínico.

Vacinación de docentes na área sanitaria de Pontevedra. SERGAS
Vacinación de docentes na área sanitaria de Pontevedra. SERGAS | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta