"Fermoso e un pouco triste": así celebraron o día de Rosalía no Xapón

As redes enchéronse de homenaxes á poeta galega polo 184 aniversario do seu nacemento, algúns deles chegados dende moi lonxe.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/02/2021 | Actualizada ás 14:15

Comparte esta noticia

Por un día ao ano, o pasado 24 de febreiro Rosalía foi Rosalía de Castro e non Rosalía a do Mal Querer. As redes sociais experimentaron un auténtico aluvión de homenaxes pola efeméride da poeta por excelencia das letras galegas, representante universal da literatura do país e máxima expoñente do Rexurdimento. As celebracións da súa figura estendéronse por todo o territorio galego, pero tamén máis alá.

Exemplar de 'Cantares Gallegos' traducido ao xaponés
Exemplar de 'Cantares Gallegos' traducido ao xaponés | Fonte: TW:@yoko_singer

Así, as mostras de recoñecemento á autora de Follas Novas e Cantares Gallegos, entre outras obras, chegaron da man de diversos puntos do resto do Estado; inclusive representantes do Goberno central. Entre eles destacou a mensaxe da Ministra de Igualdade:

Os afectos máis rechamantes, con todo, foron aqueles desenvoltos dende alén das fronteiras estatais. Na xornada de onte, en que se cumprían 184 do nacemento da artista, amantes da literatura de todos os puntos do globo celebraron o lirismo e a arte de Rosalía con mostras de recoñecemento que chegaron dende Canadá, os EE.UU. e mesmo o Xapón.

"Hoxe é o día da gran poeta Rosalía de Castro", escribía unha internauta xaponesa na súa conta de Twitter. "Vou para a cama lendo Cantares Gallegos. Recibino hai varios anos do profesor Takekazy Asaka, traducido por un destacado experto xaponés no galego. Fermoso e un pouco triste. Tentarei cantar este poema algún día".


Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta