A CIG, ante o anuncio de ERE no BBVA: "se hai despedimentos, hai conflito"

Convocada unha mobilización para o vindeiro 16 de marzo.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/02/2021 | Actualizada ás 12:24

Comparte esta noticia

CIG-Banca anuncia unha campaña de mobilizacións contra o expediente de regulación de emprego (ERE) que prepara o BBVA, a primeira delas o próximo 16 de marzo. A central atribúe a publicación de información relativa a un ERE en BBVA con afectación para uns 3.000 traballadores como unha "filtración interesada para preparar o terreo".

Maioritaria no BBVA en Galicia, a CIG denuncia que o banco está "a seguir o mesmo guión que xa empregaron outras entidades", antes de augurar unha "negociación máis aparente que real para chegar á firma dun ERE por parte do sindicalismo domesticado". Denuncia ademais que o obxectivo é "amedrentar ao persoal para que se vaia facendo á idea e busque unha saída individual", e critica que a entidade está mentres "impondo unha estratexia de dixitalización á brava que afecta á clientela". Por iso cre que "o que sobra é unha dirección herdeira directa da anterior que puxo ao BBVA na picota" e non persoal, polo que avanza que, "se hai despedimentos, hai conflito".

Sucursal do BBVA. EUROPA PRESS - Arquivo
Sucursal do BBVA. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta