Feijóo defende agora frear o eucalipto "porque esa madeira cada vez valerá menos" e por razóns medioambientais

A Xunta suspenderá temporalmente as novas plantacións de eucalipto para promover o piñeiro e frondosas

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 25/02/2021 | Actualizada ás 14:37

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, presentou este xoves o plan de diversificación do monte galego con horizonte 2040 e ratificou que se procederá "en próximas datas" á suspensión temporal da plantación de eucalipto nas superficies nas que non se plantou ata o momento da medida.

Nunha comparecencia canda o conselleiro do Medio Rural, José González, o xefe do Executivo defendeu esta moratoria e subliñou que se permitirán unicamente as replantaciones con esta especie en territorios onde xa existían eucaplitos, "cumprindo a legalidade vixente".

Plantación de eucaliptos
Plantación de eucaliptos | Fonte: Coordinadora Ecoloxista.

"Non se legalizará ningunha plantación ilegal, senón que se garanten os dereitos de quen xa teñen plantado legalmente", esgrimiu o presidente. A medida cobrará corpo legal mediante unha emenda que se incorporará na lei de recuperación da terra agraria.

Do mesmo xeito, a Xunta prevé impulsar un plan específico, con financiamento, para impulsar a plantación do piñeiro, así como do castiñeiro e doutras frondosas. Ademais, activaranse axudas para levar a cabo acciones silvícolas.

Nesta liña, Núñez Feijóo defende que é unha decisión que se toma "por responsabilidade", "pensada, meditada e contrastada" coa "maior parte" do sector a favor.

Ademais, defende a necesidade de frear novas plantacións de eucalipto "porque esa madeira cada vez valerá menos". "E porque non podemos permitírnolo desde o punto de vista do ecosistema", agrega.

CASTIÑEIRO

O conselleiro de Medio Rural, José González, avanzou que se creará unha unidade de soutos de castiñeiro dentro deste departamento, a cal se dedicará exclusivamente á súa xestión.

No caso do castiñeiro, o plan forestal prevé actuacións en 24.000 hectáreas: recuperación de soutos tradicionais (8.000 hectáreas) e para xerar madeira e produción de castaña (16.000 hectáreas).

Igualmente, está previsto incrementar en 20.000 hectáreas a superficie de piñeiro nos próximos 20 anos, así como actuar con actuacións silvícolas en 50.000 hectáreas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Lad

Logo de 14 anos de monocultivo, agora, un pouco de maquillaxe, se todos sabemos onde acaban os cargos da Xunta:en Ence.