A Xunta reabre bingos, locais de apostas e salóns de xogo, e mantén pechados os albergues

Os establecementos de xogos de azar poden abrir de novo nos concellos cunha incidencia menor aos 250 casos por 100.000 habitantes a 14 días e fóra das tres áreas con peor ocupación de UCI, A Coruña, Ferrol e Pontevedra.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 25/02/2021 | Actualizada ás 18:57

Comparte esta noticia

A orde de medidas publicada este xoves no Diario Oficial de Galicia, e que entrará en vigor o venres, establece a reapertura dos establecementos de xogos de azar naqueles concellos cunha incidencia menor aos 250 casos por 100.000 habitantes a 14 días e que se atopan fóra do tres áreas sanitarias con peor ocupación de UCI (A Coruña, Ferrol e Pontevedra).

Ruleta dun casino
Ruleta dun casino | Fonte: Europa Press.

En concreto, segundo recolle o DOG publicado este xoves, poderán abrir os establecementos de xogos de azar, salóns de xogo, bingos, salóns recreativos, tómbolas e locais de apostas. A súa actividade limítase ás 18,00 horas e deberá garantirse que se cumpren as medidas de distancia e seguridade.

Do mesmo xeito, ademais deste réxime xeral, no caso de que se preste algún servizo de hostalaría ou restauración, o réxime horario e condicións adecuarase ao dos locais hostaleiros. A apertura operará nos 197 concellos con menos de 250 casos por 100.000 habitantes a 14 días das áreas sanitarias de Santiago, Vigo, Lugo e Ourense, non así nos da Coruña, Ferrol e Pontevedra.

Na orde do DOG, a Xunta establece tamén que continuarán abertos os hoteis e aloxamentos turísticos, iso si, para usuarios que se movan con arranxo á normativa vixentes. Non será o mesmo para os albergues, que polo momento permanecen pechados ao público, co que o Camiño de Santiago cumpre os dous primeiros meses do Ano Santo 2021 con este tipo de recursos sen actividade.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta