O PIB galego pecha 2020 cunha caída maior que a da Guerra Civil, case un 9%

Con todo o esborralle da economía española é maior, cun 11%.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/02/2021 | Actualizada ás 11:13

Comparte esta noticia

O Produtor Interior Bruto (PIB) de Galicia pechou 2020 cunha caída media do 8,9% durante este ano marcado pola pandemia, segundo os datos que publica este venres o Instituto Nacional de Estatística (IGE).

O retroceso do 9% está uns dous puntos por baixo da caída media no PIB de España (-11%). Con todo, o afundimento da economía galega é histórico nos datos contemporáneos, xa que nin sequera na Guerra Civil alcanzouse ese esborralle, tal e como apuntaba hai unhas semanas nas súas previsións o Foro Económico de Galicia.

Este retroceso prodúcese tras un empeoramento da actividade económica galega no último trimestre, cun descenso interanual do 7,6%, superior ao terceiro trimestre (-6,2%). Entre abril e xuño, produciuse o afundimento máis acusado da economía galega (-18%).

No cuarto trimestre, acentúase a disminuición do gasto dos fogares (-11,8%). No outro extremo, os gastos das administracións púlicas aumentaron un 9% neste período. No tocante ao emprego, o descenso máis acusado produciuse na media de 2020 en comercio, transporte e hostalaría (-15,3%), seguido da construción (-11,3%), actividades artísticas e recreativas (-10,1%) e industria (-7,4%).

Manifestación de hostaleiros que percorre as rúas de Santiago ata a Xunta para reclamar o rescate do sector / Álvaro Ballesteros - Europa Press. / Europa Press
Manifestación de hostaleiros que percorre as rúas de Santiago ata a Xunta para reclamar o rescate do sector / Álvaro Ballesteros - Europa Press. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta