Denuncian eleccións "ilegais" no sindicato de ambulancias: "marcharon correndo coa acta"

FS-TES suma novas sombras ás acusacións que penden sobre as empresas concesionarias de ambulancias, financiadas con fondos públicos e criticadas por supostos "despidos ilegais" e incumprimentos do convenio.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/02/2021 | Actualizada ás 21:30

Comparte esta noticia

Cae o foco sobre as empresas de ambulancias galegas. Logo de varias denuncias sobre a escasa dotación de material sanitario, a tensión entre traballadores e empresas concesionarias do servizo de ambulancias estalou o pasado xoves 25. A ruptura deixouse ver nunha mobilización convocada pola CIG en Barbanza na que foron denunciados os “despedimentos encubertos” que, supostamente, tería levado cabo a empresa Coexam S.L., concesionaria do servizo do 061 na área.

Concentración na entrada do Hospital Clínico de Santiago contra o despedimento de traballadores da concesionaria do servizo de ambulancias do 061 no lote do Barbanza.. CIG
Concentración na entrada do Hospital Clínico de Santiago contra o despedimento de traballadores da concesionaria do servizo de ambulancias do 061 no lote do Barbanza.. CIG

O problema é que, segundo destaca o Sindicato de Técnicos en Emerxencias Sanitarias (FS-TES Galicia) o caso dos despedimentos do Barbanza non foi un suceso illado. Na formación relatan un acontecemento paralelo que tivo lugar o pasado mes de decembro en Ourense. De acordo con esta fonte, producíronse “dous despidos disciplinarios” que “curiosamente se fixeron trala reclamación de dereitos laborais ante a empresa”.

Segundo apuntan dende o sindicato, dende hai anos teñen problemas para que as empresas en cuestión cumpran os “dereitos básicos” do convenio que rexe ao sector. Entre estes dereitos recollen o “simple rexistro horario, coñecer a xornada laboral, vacacións asinadas en tempo”, etc. Dende a formación recordan que estas empresas supostamente incumpridoras “reciben diñeiro público para cubrir todos eses gastos”.

ELECCIÓNS SINDICAIS "ILEGAIS"

Á problemática de Ourense súmase outro episodio que os representantes de FS-TES ven como unha “humillación” que tería relación cunha suposta vulneración de dereitos sindicais. A plataforma relata o intento dunha das concesionarias de ambulancias para descabezar de forma irregular a súa representación sindical lanzando unhas eleccións “ilegais” no momento en que os representantes legais dos traballadores non venceran aínda o seu tempo de permanencia no cargo.

“A empresa e o sindicato alí presente decidiron facer un teatro esperpéntico”, explican, “chegando incluso a querer marchar coa acta asinada pero en blanco” e “correndo, literalmente, con ela”. Deste proceso, que aseguran culminou cunha “destrución de papeletas”, vén de saír un novo representante sindical do que o FS-TES desconfía: “non pinta que vaia a defender de primeira entrada aos traballadores, xa que na arbitraxe defendeu á empresa”, explica.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta