Avanzan as obras de continuación da Vía Ártabra para "recortar" a conexión da comarca coa Coruña

Infraestruturas espera a autorización do Ministerio de Transporte para a conexión coa AP-9.

Por E.P. | A CORUÑA | 26/02/2021 | Actualizada ás 13:20

Comparte esta noticia

A Xunta avanza nas obras de continuación da Vía Ártabra en Oleiros (A Coruña) para a súa conexión coa AP-9 o que permitirá, afirmou a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, "recortar" un terzo a conexión da comarca coa cidade en 2022, "mellorando a competitividade dos polígonos industriais, pero tamén a calidade vida dos cidadáns, que pasarán menos tempo na estrada".

A conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, e o alcalde de Oleiros, Anxo García Seoane, visitan as obras dun novo tramo da Vía Ártabra. CONSELLERIA DE INFRAESTRUTURAS
A conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, e o alcalde de Oleiros, Anxo García Seoane, visitan as obras dun novo tramo da Vía Ártabra. CONSELLERIA DE INFRAESTRUTURAS

Nunha visita ás obras de ampliación, a responsable explicou que estes traballos daranlle "sentido aos dez quilómetros xa en uso polos que transitan 5.000 vehículos ao día". Ademais, impulsarase, abundou, "a conectividade" de Oleiros, Sada e Cambre coa cidade e o acceso á autoestrada co catro novos quilómetros.

Vázquez engadiu que a súa consellería espera a "autorización" do Ministerio de Transporte para a conexión coa AP-9 e lembrou que o Goberno central é o "único responsable" de marcar as peaxes nesta estrada. "A Vía Ártabra é libre de peaxes", enorgulleceuse.

Así mesmo, destacou que se modificou o trazado do viario nesta parte para dar "aínda máis protección" tanto a poboación como a territorio" e censurou as críticas do Concello de Cambre, sen nomealo, porque, comentou, "se enrocan en posicións estériles". Aínda están en estudo, afirmou en relación ás alegacións a este cambio.

CONEXIÓN

Segundo a conselleira, Infraestruturas inviste 40 millóns nas obras que xa están certificadas ao 40%, afirmou, e, sen especificar, prometeu que en 2022 entrará en uso. No trazado inclúese a ligazón para a futura conexión do viario coa autovía A-6. A cidade será o destino do 90% dos movementos, segundo un dos técnicos da empresa que executa as obras.

Sobre outra infraestrutura da comarca, o tren ao Porto Exterior, a conselleira denunciou que non hai "compromiso nin implicación serios" na súa licitación por parte do Goberno central e asegurou que a Xunta "seguirá dando a batalla, aínda que sexa en solitario". "Desa licitación depende o futuro do tecido empresarial e da cidade", remarcou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta