Un novo plan de axudas da Deputación da Coruña destinará doce millóns para autónomos e pemes

Os sectores destinatarios destes orzamentos serán aqueles que están atravesando unha situación máis complicada como a hostalaría.

Por E.P. | A CORUÑA | 26/02/2021 | Actualizada ás 14:06

Comparte esta noticia

A Deputación da Coruña destinará este ano outros 12 millóns de euros para un novo plan de axudas destinado aos autónomos e pequenas empresas dos sectores máis afectados pola Covid-19, como a hostalaría, o pequeno comercio ou as empresas relacionadas co sector turístico.

A consignación económica para esta nova liña do Plan de Emprego Local (PEL) foi aprobada na sesión plenaria celebrada este venres e por unanimidade de todos os grupos políticos da corporación provincial.

O novo plan dará continuidade ao PEL-Reactiva, realizado en colaboración cos concellos, "que están a distribuír as axudas por importe total de 12,5 millóns de euros entre miles de pequenas empresas da provincia", remarca o goberno provincial.

Respecto diso, no pleno, o presidente da Deputación coruñesa, Valentín González Formoso, agradeceu o apoio unánime da corporación para activar este novo plan de 12 millóns de euros e destacou que esta institución vai seguir o camiño iniciado o ano pasado.

"Pór a disposición da sociedade todos os recursos dispoñibles para apoiar a reactivación social e económica da provincia, apoiando especialmente aos sectores que máis están a sufrir as restricións e os efectos da pandemia, como a hostalaría ou o pequeno comercio, entre os que unha gran maioría son autónomos ou microempresas".

SOLICITUDES

Ademais, anunciou que a Deputación abrirá a principios de marzo o o prazo de solicitudes das axudas do PEL-2021, cuxas bases foron publicadas no Boletín Oficial da Provincia (BOP) deste xoves e que contará cun orzamento inicial de cinco millóns de euros, un 40% máis que o ano pasado).

Xunto ás liñas habituais para subvencionar a contratación de persoal ou impulsar a actividade das empresas, incorporará impohgrtantes novidades como axudas para subvencionar o 70% da cota de autónomos ou a posibilidade de compatibilizar as diferentes axudas entre si.

Pleno telemático da Deputación da Coruña. DEPUTACIÓN DA CORUÑA
Pleno telemático da Deputación da Coruña. DEPUTACIÓN DA CORUÑA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta