Cribado este sábado na Coruña de veciños de 60 a 70 anos

Realizarase até o 6 de marzo.

Por Europa Press / Redacción | A Coruña | 26/02/2021 | Actualizada ás 17:08

Comparte esta noticia

A área Sanitaria da Coruña e Cee continúa coa realización dunha "intensa actividade" de procura de casos positivos de Covid-19, polo que este sábado iniciará un novo cribado entre veciños de 60 a 70 anos da cidade herculina.

Unha profesional sanitaria diríxese a un dispositivo de cribado masivo na Coruña
Unha profesional sanitaria diríxese a un dispositivo de cribado masivo na Coruña | Fonte: M. Dylan - Europa Press.

Segundo informou a área sanitaria coruñesa, a partir deste sábado, 27 de febreiro, e ata o 6 de marzo, levará a cabo un cribado poboacional aos 8.200 veciños de entre 60 e 70 anos con residencia nos códigos postais 15007, 15008, 15009 e 15010 na Coruña.

Este cribado realizarase mediante proba PCR nos Covidauto situados nas zonas do Ventorrillo e do Complexo Hospitalario Universitario A Coruña (Chuac).

A poboación pertencente á franxa de idade establecida será citada mediante mensaxe SMS nos seus teléfonos móbiles.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta