O PP acusa o Goberno central de "discriminar" a Galicia na repartición de vacinas

Reclama, fronte a "consideracións políticas", que este se faga con criterios "transparentes" e "obxectivos".

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 26/02/2021 | Actualizada ás 17:41

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, volveu lamentar este venres que o Goberno "estea a discriminar" a Galicia coa repartición de vacinas e reclama, fronte a "consideracións políticas", que este se faga con criterios "transparentes" e "obxectivos".

O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, durante a rolda de prensa. PPDEG
O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, durante a rolda de prensa. PPDEG | Fonte: Europa Press

O número dous dos populares galegos lamentou que Galicia reciba unhas "15.000 vacinas menos" que o que lle correspondería para cubrir aos maiores de 80 anos.

E é que aquí chegaron esta semana en torno ao 5 por cento das doses repartidas ás comunidades autónomas, cando a súa poboación de máis de 80 supón o 8,7 por cento de toda a do Estado.

Tal e como asegurou Tellado, é algo que tanto o PPdeG como a Xunta leva xa "semanas" denunciando o que consideran unha "discriminación" a Galicia.

Non en balde, o secretario xeral defendeu a capacidade do Servizo Galego de Saúde (Sergas) e os seus profesionais para pór unhas "100.000 vacinas diarias" no caso de que "o Goberno de España" as enviase.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta