Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 27/02/2021 | Actualizada ás 17:27
Un ciclista de 61 anos de idade faleceu este sábado despois de sufrir unha indisposición cando circulaba polo Monte Pedroso, en Santiago de Compostela.
Segundo informan a Europa Press fontes do 061-Urxencias Sanitarias, o suceso ocorreu ao redor das 12,00 do mediodía. Sobre esa hora, unha persoa particular informaba aos servizos de emerxencias de que o home estaba inconsciente e botaba escuma pola boca.
Seguidamente, o 061 enviou ao lugar unha ambulancia medicalizada, pero o persoal sanitario non puido facer nada por salvarlle a vida. No operativo tamén interviñeron a Policía Local de Santiago e a Policía Nacional.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.