A Xunta quere darlle uso xa ao Pazo de Meirás coa entrega das Medallas Pardo Bazán o 8 de marzo

Femuro, a Asociación Rede Mulleres Vecinais contra vos Malos Tratos e, a título póstumo, Meguwi Shiozawa son as recoñecidas este ano

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 28/02/2021 | Actualizada ás 16:07

Comparte esta noticia

A Xunta quere realizar a entrega das Medallas Pardo Bazán, galardón do Executivo ás entidades e persoas que traballan pola igualdade, o vindeiro luns 8 de marzo no Pazo de Meirás, recentemente recuperado para patrimonio público tras o litixio mantido cos herdeiros do ditador Francisco Franco.

O pazo de Meirás o día da súa devolución ao Estado
O pazo de Meirás o día da súa devolución ao Estado | Fonte: M.Dylan - Europa Press.

O Goberno galego informa que solicitou ao Estado celebrar este acto nos xardíns de Meirás "polo seu simbolismo e vinculación" coa escritora que dá nome aos galardóns e que "loitou pola igualdade nos seus tempos".

Estas medallas, creadas en 2019, recoñecerán este ano o traballo a favor da igualdade da Federación Provincial de Mulleres Rurais de Ourense (Femuro) e da Asociación Rede Mulleres Veciñais contra os Malos Tratos de Vigo. Ademais, tamén recaerá este premio, a título póstumo, na expresidenta da Casa Galicia Xapón, Megumi Shiozawa, falecida o pasado mes de marzo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta