O estudantado universitario volve ás aulas logo de case un mes de aulas telemáticas

O Sergas citou a máis de 58.000 alumnos a un cribado entre o sábado e o xoves

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/03/2021 | Actualizada ás 10:16

Comparte esta noticia

As universidades galegas retoman as aulas presenciais a partir deste luns tras un período de actividade totalmente telemática, debido ás restricións impostas polo Goberno galego a finais de xaneiro para tentar paliar as malas cifras rexistradas na terceira onda da covid-19.

A Xunta tomou esta decisión a finais de xaneiro como parte dun plan medidas e restricións para conter a mobilidade da poboación, neste caso dos estudantes, e así pór freo aos contaxios e ao incremento exponencial de casos activos.

A experiencia telemática iniciouse aínda o 8 de febreiro, coincidindo co segundo cuadrimestre nas universidades, debido a que ata ese momento non se estaban celebrando aulas pola celebración dos exames nas facultades. Este período totalmente telemático estenderíase, polo menos, ata o 17 de febreiro e o comité clínico celebrado o luns 15 decidiu levantar as restricións nestas institucións.

AULAS SEGURAS

As tres universidades galegas manifestaron, en todo momento, que tiñan todo preparado para retomar as aulas e a actividade presencial e os reitores defenderon as institucións como un espazo seguro.

O reitor da Universidade de Santiago (USC), Antonio López, trasladara a Europa Press que "todos os datos" primeiro cuadrimestre "demostran que non hai un problema de contaxios dentro dos espazos universitarios" e que os protocolos asumidos neste ámbito "funcionaron moi ben".

"A sensación, baseada en datos, é que é a universidade é un lugar seguro. Non hai brotes. Cada vez que aparece un caso, que evidentemente aparecen, moi por baixo da media da sociedade en todos os sectores, incluído o alumnado", defendeu, pola súa banda, o seu homólogo vigués, Manuel Reigosa.

Consello de Goberno da Universidade de Vigo. UNIVERSIDADE DE VIGO
Consello de Goberno da Universidade de Vigo. UNIVERSIDADE DE VIGO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta