Piden que se vacine ao alumnado universitario que realiza prácticas

A CIG pide que se vacine só aos que teñen contacto co ámbito educativo, mentres que Erguer reclama a vacinación de todos os que realicen prácticas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/03/2021 | Actualizada ás 11:14

Comparte esta noticia

A CIG-Ensino pediu á Consellería de Educación que inclúa na campaña de vacinación aos alumnos universitarios que realizan prácticas nos centros educativos, mentres que a organización estudantil Erguer pide que se vacinen a todos os que realizan prácticas.

Nun comunicado, a CIG explica que trasladou esta petición xunto coas demais organizacións da Mesa Sectorial Docente. Con todo, sinala que a Xunta argumentou que non incluía esta demanda ao ter en conta "a decisión contraria de Sanidade" tendo en conta que "o alumnado da rama sanitaria que realizaba prácticas nos hospitais tampouco fora vacinado".

O sindicato nacionalista apunta que incorporar a este colectivo en formación "era correcto" xa que "a súa presenza nos centros educativos e o contacto co alumnado é claramente similar ao que ten o profesorado, o que debería levar a un trato idéntico na vacinación". Con todo, critica que a "a suposta decisión de Sanidade impida facelo, ao primar o criterio dun suposto trato idéntico ao colectivo estudantil en formación".

A pesar diso, a CIG asegura ter constancia de que alumnos do ámbito sanitario "si foron vacinados no seu momento" polo que enviou un escrito á Secretaría Xeral Técnica de Educación e á Dirección Xeral de Saúde Pública no que pide que estes estudantes sexan vacinados.

Persoal de enfermaría fornece unha vacina contra a gripe na campaña de 2020, en plena pandemia polo coronavirus. Covid-19 / Europa Press. / Europa Press
Persoal de enfermaría fornece unha vacina contra a gripe na campaña de 2020, en plena pandemia polo coronavirus. Covid-19 / Europa Press. / Europa Press

Desde a organización consideran que “esta irregularidade non debe continuar, e seguindo os criterios sanitários de idade, as estudantes que se atopen realizando prácticas deben ter os mesmos dereitos que o resto de persoal que desenvolva as mesmas tarefas”. Por todo isto, o sindicato púxose en contacto para pedir explicacións e trasladar as súas demandas á Directora Xeral de Saúde da Xunta de Galiza, Carme Durán Parrondo.

ERGUER

Pola súa banda, desde a organización estudantil Erguer consideran que “esta irregularidade non debe continuar, e seguindo os criterios sanitários de idade, as estudantes que se atopen realizando prácticas deben ter os mesmos dereitos que o resto de persoal que desenvolva as mesmas tarefas”.

 

Por todo isto, o sindicato púxose en contacto para pedir explicacións e trasladar as súas demandas á Directora Xeral de Saúde da Xunta de Galiza, Carme Durán Parrondo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta