G. Caballero pídelle a Feijóo un "gran acordo" para a reconstrución de Galicia

PIde "pactar a folla de ruta da reconstrución" e para "conseguir fondos europeos de acordo ás distintas convocatorias que existan.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/03/2021 | Actualizada ás 14:12

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, instou ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, a convocar aos líderes da oposición para abordar un "gran acordo de país" para a reconstrución económica de Galicia tras a pandemia da covid-19.

Nunha roda ofrecida este luns na Cámara galega, o xefe de filas dos socialistas galegos emprazou a Feijóo a manter un encontro cos portavoces dos partidos da oposición, PSdeG e BNG, para "falar da reactivación e do impulso" da Comunidade nun contexto no que "Galicia se está quedando atrasada" da recuperación pola ausencia de plans por parte do Goberno galego.

Neste sentido, tras referirse a as dificultades que atravesan sectores como a hostalaría, o comercio, a cultura ou o deporte, mostrou a súa preocupación pola planificación da Xunta para optar a fondos europeos. "Está desnortada".

"Non hai estratexia en Galicia para os fondos europeos a inicios de marzo", censurou Caballero, que incidiu en que Feijóo debe convocalo tanto a el mesmo como á portavoz do BNG, Ana Pontón para "pactar a folla de ruta da reconstrución" e para "conseguir fondos europeos de acordo ás distintas convocatorias que existan".

E é que, conforme sinalou Gonzalo Caballero, a cidadanía galega "está preocupada". "Moita xente está asustada, o escenario económico é moi complexo e o Goberno de España está a dar fondos para facer resistir a economía con impulso do gasto público, pero é necesario concretar un plan de recuperación que non nos faga perder as posibilidades", insistiu.

Gonzalo Caballero, que pide ter en conta aos axentes económicos e sociais e ás administracións territoriais para alcanzar este acordo, pediu "non perder o tempo". "Un erro máis no proceso de reactivación terá efectos nefastos", advertiu.

O secretario xeral do PSdeG asegurou que este gran acordo ten que "dar futuro" a toda a cidadanía e, especialmente, á xente nova. "Hai unha xeración de xente nada a finais do século pasado ou na contorna da primeira década deste século que sempre viviu en tempos de crises", manifestou Gonzalo Caballero, que avogou por "dar esperanza e posibilidades de futuro" a estes mozos.

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, na rolda de prensa
O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, na rolda de prensa | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Cando fala de dar esperanza e posibilidades de futuro está pensando na política autoritaria e a porta pechada que practica o seu tío en Vigo ? Cambiamos unha Escola Infantil por unha urbanización VIP de 56.000 m2 e seguimos tan tranquilos ? Ese sen dúbida é o futuro das novas xeracións... pagar e pagar escolas privadas ou marchar do centro de Vigo para deixarlle sitio aos novos ricos que semella irán chegando coas novas promocións VIP !