Sanxenxo retira as parcelas na praia de Silgar polo avance da vacinación de cara o verán

O material utilizado --un centenar de estacas e varios metros de corda-- será empregado, como o do resto de praias, para a protección de dunas e para a demarcación de carreiros.

Por E.P. | PONTEVEDRA | 01/03/2021 | Actualizada ás 18:30

Comparte esta noticia

O Concello de Sanxenxo considera que este verán o proceso de vacinación contra a covid-19 estará "xa moi avanzado", polo que "non será necesaria" a utilización das parcelas de separación na praia de Silgar.

Así, na mañá deste luns a empresa instaladora comezou a retirar as cordas e estacas que conformaban as cuadrículas. O de Silgar era o único areal de Sanxenxo que aínda mantiña esta sinalización desde setembro "como símbolo de seguridade sanitaria no municipio", segundo explica o Concello nun comunicado.

O material utilizado --un centenar de estacas e varios metros de corda-- será empregado, como o do resto de praias, para a protección de dunas e para a demarcación de carreiros.

A pesar da confianza en que o proceso de vacinación estea "moi avanzado" e no verán a situación sanitaria mellore "considerablemente", o Concello asegura que tanto Silgar como o resto de areais de Sanxenxo darán "un novo salto cualitativo" en canto aos servizos e as medidas de seguridade.

Neste sentido, o Consistorio garante que a limpeza dos baños das praias "manterase coa mesma intensidade que o verán pasado", cada hora e media, e que o control por parte da empresa encargada será "exhaustivo".

Retirada das estacas e as cordas das parcelas da praia de Silgar, en Sanxenxo (Pontevedra).. CONCELLO DE SANXENXO
Retirada das estacas e as cordas das parcelas da praia de Silgar, en Sanxenxo (Pontevedra).. CONCELLO DE SANXENXO | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta