O comité de Navantia denuncia que se contrata persoal seleccionado "con anterioridade" ás probas de acceso

A representación sindical asegurou que ditas prazas foron convocadas "sen regulación previa", pero que os sindicatos participaron no proceso de selección designado un vogal que coñece "a profesión, as necesidades e o funcionamento do departamento".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/03/2021 | Actualizada ás 18:46

Comparte esta noticia

O comité de empresa de Navantia Ferrol acusou á dirección da compañía naval pública de contratar a empregados "seleccionados con anterioridade ás probas de acceso". En concreto, refírense a a contratación "sen ningún tipo de transparencia" de tres técnicos de medioambiente para os estaleiros da ría de Ferrol.

A través dun comunicado, a representación sindical asegurou que ditas prazas foron convocadas "sen regulación previa", pero que os sindicatos participaron no proceso de selección designado un vogal que coñece "a profesión, as necesidades e o funcionamento do departamento". Este representante, aseguran, elaborou un informe no que avaliaba as competencias e habilidades de cada candidato en función de diferentes factores, creando unha lista con todos eles por orde de clasificación.

No entanto, a proposta da dirección "para nada coincidía" coa do vogal do comité e a empresa négase a proporcionar "unha lista alternativa que ordene aos candidatos e xustifique a súa elección". "Esta dirección segue contratando como quere e a quen lle parece sen dar explicacións que xustifiquen ditas accións, cunha total ausencia de criterio e unha selección de candidatos claramente arbitraria".

Desde a parte social pregúntanse a negativa a dar explicacións ou a "contrastar a diferenza de criterios co vogal do comité", ademais de pór en dúbida "a intención da empresa de seleccionar aos candidatos máis cualificados" e se isto obedece a que algunha das prazas estaba comprometida "con antelación, como aconteceu noutros procesos". "Este proceso non mostra ningún tipo de transparencia, nin nos aclara a obxectividade e igualdade de condicións para os candidatos presentados", reiteran.

CUMPRIMENTO DA LEGALIDADE

Tras estas acusacións, desde a empresa naval asegúrase que "se cumpriu en todo momento cos principios de libre concorrencia, igualdade, publicidade, mérito e capacidade". Así mesmo, inciden en que "as persoas seleccionadas son as que se entendeu como máis idóneas para ocupar a posición" e que á representación legal dos traballadores "ofrecéuselle observar o proceso de selección", pero que este "levou a cabo por responsables de selección de Navantia e polo responsable de medioambiente".

Por outra banda, fontes de Navantia trasladaron que tras a última reunión da Comisión local de emprego xa "se avanzou nos procesos que estaban abertos". Así, na categoría de empregados junior, "as 65 persoas que foron declaradas actas para o seu acceso, unha vez superado o recoñecemento médico", nun prazo aproximado dunhas dúas semanas, "incorporaranse".

No caso de empregados e operarios senior, "o tribunal está a analizar os temarios coa intención de publicalos canto antes, e unha vez estes publicados, o primeiro exame, que é o teórico, deberá de existir un prazo mínimo dun mes desde a súa publicación". Por último, segundo fontes de Navantia, no caso dos técnicos superiores senior, "a comisión decidiu convocar proximamente unha reunión para ver como está a situación".

Navantia.
Navantia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta