Aplausos e moitos tuits de cargos do PP polos 12 anos de Feijóo na Xunta

O presidente galego recibe a felicitación do PP estatal, da que se fixo eco Casado, e tamén de Díaz Ayuso.

Por E.P. | Compostela | 01/03/2021 | Actualizada ás 20:56

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, foi recibido polos membros do comité de dirección do PPdeG, convocado para a tarde deste luns, cando se cumpren 12 anos da súa primeira maioría absoluta, a que permitiu aos populares recuperar o poder en Galicia, entre aplausos. Tamén recibiu numerosas felicitacións en redes, empezando pola do PP estatal, obxecto de 'retuit' por Pablo Casado.

A pesar dos aplausos, fontes do PPdeG destacaron que a deste luns foi unha reunión convencional na que se realizaron os informes habituais por parte dos principais dirixentes do partido co obxectivo de "seguir acertando na toma de decisións orgánicas".

"A mellor forma de lembrar aquela data é traballar. Traballando chegamos a aquel 1 de marzo no que Galicia nos encargou a responsabilidade de xestionar a Xunta e traballando por eses mesmos galegos afrontamos o día de hoxe 12 anos despois", trasladaron as mesmas fontes, nunha xornada na que Feijóo ta tido tamén axenda como presidente.

Os populares, que teñen pendente a renovación orgánica das súas cúpulas mediante os congresos autonómico e provinciais, avisan de que mentres Galicia estea inmersa nunha pandemia ninguén pode esperar deles "celebracións nin homenaxes hiperbólicas".

"O que toca é traballar, desde o partido e desde a Xunta, para recuperarnos como país", remarcan, á vez que afirman, iso si, ter "máis ganas que nunca" e celebrar seguir "con dun presidente que non só mantén intacta a súa vocación de servizo público senón que a reforzou cos anos".

UN TUIT

Un presidente que, por toda celebración, este luns difundiu un comentario nas súas redes sociais acompañado dunha foto na que mostra agradecemento.

"No persoal, ser pai. No profesional, a maior honra da miña vida foi (e é) servir a Galicia. Hoxe cúmprense 12 anos daquel 1M en que os galegos me deron a súa confianza. Inmensamente agradecido polo apoio recibido aquel día, e sempre. Grazas de novo", traslada nunha mensaxe o xefe de filas do PPdeG, que o pasado xullo logrou a súa cuarta maioría absoluta autonómica consecutiva nas urnas.

NUMEROSAS FELICITACIÓNS

Ao longo desta xornada, a través das redes sociais, Feijóod recibiu numerosas felicitacións. O propio PPdeG rememorou a imaxe da súa vitoria en 2009 e practicamente todos os cargos do seu equipo directivo felicitárono publicamente.

Comité de dirección do PPdeG.. PPDEG
Comité de dirección do PPdeG.. PPDEG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta