Por E.P. | A Coruña | 02/03/2021 | Actualizada ás 17:29
O Concello da Coruña, a través da Concellaría de Educación e dos Museos Científicos da Coruña, lanza o proxecto 'Xperimenta Virtual', no que o alumnado de Primaria disecará flores coa axuda do persoal educativo da Domus, a través dunha videoconferencia.
O concelleiro de Educación, Jesús Celemín, anima a comunidade educativa dos cursos de terceiro e sexto, aos que vai dirixido, a participar nesta iniciativa "mediante a que os nosos museos científicos achegaranlles ás nenas e ao nenos coñecemento sobre a natureza".
A actividade, que é gratuíta e ten unha duración duns 45 minutos, realizarase a través de GoogleMeet. Para participar, é preciso realizar unha solicitude previa.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.