Representantes de CCOO en Ence acusan o PSOE de "arruinar Pontevedra"

Esixen a supresión do artigo 18.4 da futura Lei de Cambio Climático.

Por Europa Press / Redacción | Pontevedra | 02/03/2021 | Actualizada ás 18:01

Comparte esta noticia

A sección sindical de CC.OO. na fábrica de Ence acusou ao PSOE de "arruinar Pontevedra" e esixiron a supresión do artigo 18.4 da futura Lei de Cambio Climático, que permite modificar os prazos das concesións de costas.

Fábrica de Ence Celulosa en Pontevedra
Fábrica de Ence Celulosa en Pontevedra | Fonte: Europa Press.

O sindicato defende a seguridade da planta fronte á polémica xerada por unha gravación do presidente de Ence, Ignacio de Colmenares, no que advertía de que o complexo industrial de Lourizán podería dar "un susto ambiental" pola falta de investimentos.

A presidenta do comité de empresa das oficinas de Ence, Ana Cedeira, denunciou que estas declaracións son un breve extracto dunha mensaxe de máis dunha hora que se sacou de contexto.

"Ence é segura", insistiu a sindicalista, quen defendeu a importancia de que se achegue seguridade xurídica para realizar os investimentos pertinentes.

Ana Cedeira pediu centrar o discurso nas consecuencias da aprobación da nova lei "que significará a destrución duns 5.000 postos de traballo", asegurou a representante sindical de Comisións Obreiras.

Cedeira criticou a "falta de respecto absoluta cara aos traballadores" por parte do delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, por pedir un plan industrial á dirección de Ence.

"Ence non é Alcoa, Ence non necesita un plan de industria, o que necesita é seguridade xurídica para poder investir 200 millóns de euros na súa planta de Lourizán", dixo Cedeira.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta