Intensificanse as batidas contra o corzo, xabarin e o raposo

Os cazadores de Agolada e Rodeiro non descartan outra gran cacería contra o lobo.

Por Galicia Confidencial | Lalín | 23/08/2013 | Actualizada ás 12:00

Comparte esta noticia

A Sociedade de Caza de Dozón organízase este domingo nunha cuadrilla para abater corzos, porcos bravos e tres máis nunha batida de raposo. 

Xabarín morto nunha batida
Xabarín morto nunha batida | Fonte: stopcaza.org

O pasado domingo xa se celebraron cazarías de raposo e xabarín, aínda que os cazadores estiman que a poboación deste baixou moito nos últimos tempos, porque o ano pasado sobraron máis de 100 dos 140 precintos dispoñibles.

En Agolada, o pasado fin de semana celebrouse tamén unha batida contra o xabarin e outra contra o raposo. Este fin de semana, tamén organizarán novas batidas contra o porco bravo, o corzo e o raposo.  

Cacerías contra o lobo

Os cazadores da comarca tampouco descartan realizar unha gran cacería contra o lobo xa que denuncian que está a causar estragos. No que vai de ano, Agolada e Rodeiro son os dous concellos con máis ataques de lobo ao gando. 

Pero este tipo de cacerías, a diferencia doutros animais, están moi reguladas e a Xunta só as permite de forma excepcional cando a súa poboación aumentou. Sen embargo, os cazadores denuncian que o seu número medrou e mesmo chegaron a matar e devorar cans de caza. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

4 tototo

Que vaia o señorito Bautista cos seus lebreles. Ou que leve un par de liberados. Un par de liberados de Movemento cara ao Socialismo, liberados da CIG polo partido. Qué trapalladas fan.

1 tototo

Os xabarís xa morren ao ver tan grandes porcos.

3 Hermerico

Eu nom descarto nunca umha boa caçada de escopeteros e os seus cómplices

2 deephunter

pois a foto tipo wisconsi non ten prezo...

1 Gandeiros e escopeteiros

A mesma historia que no Barbanza. Dicían os gandeiros e cazadores que había moitos lobos e agora non quedou ningún. Neste pais nin se respectan os periodos de cría. Gandeiría extensiva e caza son os dous cancros do medio ambiente galego.