Temas: 8M PARDO BAZáN

Anunciada a creación dunha moeda conmemorativa sobre Emilia Pardo Bazán con motivo do 8 de marzo

A presentación da moeda terá lugar este mércores fronte á estatua dedicada á escritora nos xardíns de Méndez Núñez, na cidade da Coruña.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/03/2021 | Actualizada ás 19:52

Comparte esta noticia

A Fábrica Nacional de Moeda e Timbre dedica, con motivo do 8 de marzo, Día da Muller, unha moeda conmerativa á escritora galega Emilia Pardo Bazán.

A presentación da moeda terá lugar este mércores fronte á estatua dedicada á escritora nos xardíns de Méndez Núñez, na cidade da Coruña.

A moeda reflicte no seu reverso o símbolo da muller, dentro do cal queda enmarcado un retrato da escritora galega, publicado na revista A Ilustración Española e Americana de 8 de setembro de 1892.

O acto, que se enmarca nos actos do 8 de marzo, contará coa presenza do delegado do Goberno, Javier Losada, e a directora xeral da Fábrica Nacional de Moeda e Timbre, Lida Sánchez.

Emilia Pardo Bazán
Emilia Pardo Bazán

Temas: 8M PARDO BAZáN
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta