Un grupo de traballo definirá un programa curricular para formar ao alumnado galego en intelixencia artificial

Segundo o conselleiro de Educación, Román Rodríguez, o obxectivo é desenvolver un "programa ambicioso" que chegue a "todas" as etapas do sistema educativo para formar ao alumnado "desde infantil ata a universidade" en contidos vinculados á intelixencia artificial.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/03/2021 | Actualizada ás 15:08

Comparte esta noticia

Un grupo de expertos procedentes do ámbito da universidade e da docencia especializada desenvolverán un programa curricular para formar ao alumnado de todas as etapas educativas en intelixencia artificial a través de contidos "trasversais" e materias específicas.

Así o anunciou o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, en declaracións aos medios antes de participar na primeira reunión deste grupo de traballo, do que sairá un programa que pretende situar a Galicia "na vangarda educativa" ao "potenciar" os coñecementos en intelixencia artificial.

En palabras do titular de Educación, o obxectivo é desenvolver un "programa ambicioso" que chegue a "todas" as etapas do sistema eduactivo para formar ao alumnado "desde infantil ata a universidade" en contidos vinculados á intelixencia artificial.

Polo momento aínda non están concretados como serán estes contidos, aínda que a intención da consellería é que os últimos cursos de secundaria conten con materias específicas sobre intelixencia artificial. Todo iso, en palabras do conselleiro, para formar ao alumnado nunha realidade que "a medio e xa a curto prazo" forma de parte de "moitas profesións" que "van ser as do futuro".

COMPOSICIÓN DO GRUPO DE TRABALLO

Así as cousas, o grupo de traballo configurado pola Administración autonómica está composto por expertos do ámbito universitario e docentes especializados no campo das novas tecnoloxías e as matemáticas xunto con representantes da consellería e da Amtega.

Así, por parte do mundo univestario participan Francisco Javier Belas (Universidade da Coruña), Senén Varro (Universidade de Santiago de Compostela) e Florentino Fernández (Universidade de Vigo). En represantación dos docentes están María Jesús Casado (profesora de matemáticas do IES Daviña Rei de Monforte), Xosé Viñas (profesor do IES David Buján de Cambre) e Concepción Fernández (profesora de formación do CAFI e responsable da aula Nova-Space Maker).

O conselleiro Román Rodríguez. Xunta de Galicia
O conselleiro Román Rodríguez. Xunta de Galicia

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta