Ceden a Ferrol os dereitos de reprodución dunha colección de acuarelas do almirante Miguel Ángel Fernández

Trátase de 30 traballos que versan sobre a Batalla de Brión e que serán expostos no Castelo de San Filipe.

Por E.P. | Ferrol | 03/03/2021 | Actualizada ás 18:24

Comparte esta noticia

A viúva do almirante e pintor ferrolán Miguel Ángel Fernández, Margarita Orduna, cedeu os dereitos de reprodución da colección de acuarelas do seu marido, 30 traballos que versan sobre a Batalla de Brión e que serán expostas no Castelo de San Filipe.

Cesión de pezas do almirante Miguel Ángel Fernández
Cesión de pezas do almirante Miguel Ángel Fernández | Fonte: Concello de Ferrol.

"Vainos servir para dar a coñecer por unha banda a capacidade artística do autor e por outro para dar contido á exposición permanente que imos ter no Castelo de San Filipe", destacou o alcalde de Ferrol, Ángel Mato.

Esta mostra denominarase 'A defensa de Ferrol, a Batalla de Brión', homenaxe ao acontecido no ano 1800, cando o veciños se sublevaron durante un ataque das tropas británicas.

"A obra do almirante Miguel Ángel Fernández vainos a servir para ter unha reprodución destas acuarelas de forma permanente na Sala Cureñas, de San Filipe, e os orixinais poderanse visitar noutro espazo magnífico, como é o Museo Naval".

Pola súa banda, Margarita Orduna, destacou a "satisfacción" da familia por poder ceder estas reproducións. "Encantados de doalas para esta misión e de maneira permanente no Castelo de San Filipe, que tanto lle gustaba a Miguel", detallou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta