A Asociación de Centros de Día considera "inxusto" que non se vacine a usuarios menores de 80 anos na fase actual

Tamén critica que as persoas ás que se lles administran as doses sexan citadas en centros de saúde, dadas as dificultades de mobilidade que presentan moitas delas.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 03/03/2021 | Actualizada ás 19:41

Comparte esta noticia

A Asociación de Centros de Día de Galicia lamentou que non se incluíu nesta fase da vacinación a usuarios destes servizos de entre 55 e 80 anos e criticou que as persoas ás que se lles administran as doses sexan citadas en centros de saúde dadas as dificultades de mobilidade que presentan moitas delas.

Vacinación nunha residencia
Vacinación nunha residencia | Fonte: JOSÉ ROMAN CAVIA SOTO.

A entidade explicou que a Consellería de Sanidade lle trasladou que non se vacinará os usuarios de centros de día nesta fase, fóra das persoas maiores de 80 anos e as que poidan acreditar un grao III de dependencia.

A asociación advertiu de que esta situación levará "atrasar a vacinación" e "deixar fóra" da mesma un 20% dos usuarios de centros de día. Así, explicou que o perfil destes é de persoas gran dependencia á espera de que o seu grao sexa recoñecido debido a atrasos na resolución de expedientes por parte da Administración.

Por iso, tachou de "inxusta" a medida, que "non recolle os principios de equidade aos que fai mención o documento sobre a Estratexia de Vacinación Nacional", que contempla "a vulnerabilidade, as desigualdades e os riscos dos grupos de prioridade".

A asociación recalcou que as persoas que acoden a un centro de día presentan unha gran necesidade de apoio e de dependencia, así como múltiples patoloxías e unha deterioración cognitiva ou funcional.

Tamén sinalou que o feito de que non se administren as doses aos usuarios nesta fase do proceso "suporá a convivencia durante xornadas de oito, 10 e 12 horas de persoas vacinadas con persoas sen vacinar" e fixo fincapé na "angustia" e a "incerteza" que afrontan os profesionais dos centros de día ante a posibilidade de que se detecte un caso positivo nos mesmos.

Así mesmo, a asociación cuestionou a organización do proceso de vacinación ante a "dificultade para acudir ás citas" dos profesionais, aos que se convoca "cun intervalo de 15 ou 20 minutos", así como o feito de que se realice o chamamento de todo o persoal dun mesmo centro na mesma mañá ou tarde.

Ademais, reprobou que se comezou a vacinar a grupos sen finalizar a administración das doses aos prioritarios e remarcou a importancia de que a Consellería de Sanidade controle as listaxes de persoas usuarias de residencias e centros de día ás que se aplique a vacina para "evitar tratos de favor".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta