Os novos contaxios aumentan por terceiro día en Galicia

Con todo, segue caendo a presión asistencial.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 04/03/2021 | Actualizada ás 12:07

Comparte esta noticia

Os contaxios por coronavirus en Galicia aumentan por terceiro día consecutivo até os 191, 18 máis, nunha xornada na que seguen caendo tanto a presión asistencial, en planta e en UCI, até as 448 persoas, 24 menos que o día anterior, como os casos activos, 4.453 (-233).

Un sanitario sostén unha probeta tras realizar un test de antíxenos. Foto de arquivo.. Marta Fernández - Europa Press
Un sanitario sostén unha probeta tras realizar un test de antíxenos. Foto de arquivo.. Marta Fernández - Europa Press

Segundo os datos do Servizo Galego de Saúde, até as 18:00 horas do mércores, nas unidades de críticos había 93 persoas (4 menos), mentres que en planta estaban ingresados 355 pacientes, 20 menos que o día anterior.

Os novos contaxios nas últimas vinte e catro horas suman 191 persoas, 18 máis que o día anterior, e aínda que é o terceiro día consecutivo de subida, supoñen un 84 % menos que hai un mes. Desde o inicio da pandemia de covid-19 contaxiáronse do coronavirus en Galicia 113.102 persoas das que 106.409 curáronse; mentres que morreron 2.259 persoas, delas tres comunicadas este luns pola Administración autonómica.

Durante a última xornada realizáronse 7.409 probas PCR, cunha taxa de positividade do 2,1 %, o que supón que en total se fixeron 1.691.999 probas deste tipo e outras 774.875 serolóxicas. Por áreas sanitarias, A Coruña rexistra 1.492 casos activos, 51 menos, tras 63 novos positivos por PCR, un máis; mentres que Vigo suma 758 casos activos (13 menos), tras 35 novos positivos por PCR, dez máis que o día anterior.

Pontevedra tamén continúa co descenso de casos activos, até os 632 (-51), con 18 novos positivos por PCR, 5 máis. As áreas de Lugo con 401 casos activos (-26); Santiago, 459 (-50); e Ferrol, 424 (-35) tamén seguen reducindo os casos activos de modo sostido, mentres que os casos na área de Ourense caen outros 7, até os 277.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Huang Ho

Aos 5-6 días comezan os contaxios. Xa comezamos a ver as consecuencias da barra libre, xuntanzas, liberdade de circulación. O da hostalería está estudado en varios países (en Irlanda por exemplo había que dar os datos se ías a un restaurante). Por iso saben que os que van a bares e restaurantes contáxianse 4 veces máis que os que non van. NON é culpa dos hostaleiros, é culpa das circunstancias que concorren con este bicho. Por iso hai que axudar de verdade á hostalería, como fan en Francia. É triste non poder vivir do teu traballo por iso hai que facer as cousas mellor.